A II Xuntanza de Emprendedores premia ó xerente de Megodeza Imprimir
Escrito por Administrator   
Xoves, 27 Maio 2010 12:39

Xepei recoñece a Ramiro Mejuto "a súa decidida vocación emprendedora", que deu pé á creación da firma Megodeza, sita en Lalín. Esta empresa apostou pola innovación e a tecnoloxía dende o seu comezo, e conta con diversas patentes no seu haber, así como especialidades en automatismos e refrixeración.

Os días 3 e 4 de Xuño celebrarase no Auditorio de Lalín (Pontevedra) a II Xuntanza de Emprendedores (Xepei 2010). Nela farase acto de entrega das distincións a “Emprendedor”, “Emprendedor no exterior” e “Apoio a emprendedores”. A finalidade destes premios é o recoñecemento a entidades e emprendedores, que nunhas circunstancias como as actuais son o principal soporte cara a unha saída da crise xerando emprego, riqueza e futuro.

Nesta edición os premios recaeron sobre:

  • Emprendedor: Ramiro Mejuto Pumar. Recoñécese o seu espírito emprendedor á hora de crear a firma Megodeza e apostar desde os seus inicios pola innovación e a tecnoloxía conseguindo ser un referente dentro dos sectores da automatización e a refrixeración.
  • Emprendedor no exterior: Ramiro Carregal Rey. Ó xerente do Grupo Frinsa recoñéceselle o seu traballo como emprendedor con capacidade internacional, sendo pioneiro no tratamento piscícola a nivel mundial.
  • Apoio a emprendedoresCaixanova. Á entidade financeira galega prémiaselle polo seu constante apoio ós emprendedores galegos axudándolles a financiar os seus proxectos e ideas.

 

Fonte: Faro de Vigo ; La voz de Galicia

 

LAST_UPDATED2