English (United Kingdom)Español (spanish formal Internacional)Galego (Galician)
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
Home Quen somos
Quen somos Imprimir

nave antigua

A nosa empresa ten os seus comezos no ano 1986 cando Ramiro Mejuto, tras unha ampla experiencia no mantemento de instalacións eléctricas industriais de baixa e media tensión, decide crear Electricidade e Automatización Mejuto. A súa filosofía de negocio baseábase na calidade e o servizo total, cunha clara orientación á plena satisfacción dos clientes. Debido ao constante crecemento e á ambición, en 1992 nace MEGODEZA, co fin de dar resposta a novas liñas de negocio.
Esta firma amplía o seu campo de actuación á construción de máquinas, equipos de aforro de enerxía, cadros eléctricos, placas electrónicas, etc. Paralelamente e en veloz progreso vaise adentrando no sector do frío industrial, onde na actualidade está plenamente consolidada; deseñando, construíndo e poñendo en servizo numerosas instalacións frigoríficas en toda a Península Ibérica, instalacións de medio e gran tamaño nos máis diversos sectores industriais e utilizando os refrigerantes máis actuais, principalmente amoníaco.

 

nave actual

No ano 2002, nace Mejuto Industria de Refrigeración. Empresa auxiliar dedicada ao mantemento, co fin de garantir un funcionamento óptimo das instalacións realizadas, continuando coa filosofía orixinal de conservación dos valores de calidade e servizo, apostando cada día máis pola constancia e innovación permanente, como fórmula para competir nun mercado tan globalizado como o actual.

Na actualidade atopámosnos entre as primeiras firmas do sector da refrixeración industrial a nivel nacional, liderando as aplicacións informáticas para o control destas instalacións de frío e permitindo realizar desde as nosas oficinas un mantemento preventivo. Isto último permítenos realizar instalacións de gran referencia ao longo de toda a Península Ibérica.

Durante a execución dos proxectos, facemos especial fincapé no desenvolvemento integral da instalación e da tecnoloxía necesaria, utilizando para iso os últimos avances. A innovación converteuse nun dos sinais de identidade do grupo, contando con varias patentes e diversos premios de innovación tecnolóxica no sue haber.