English (United Kingdom)Español (spanish formal Internacional)Galego (Galician)
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
Home I+D+i Autorescatadores
Estación de adestramento no uso de autorrescatadores Imprimir
Escrito por Administrator   
Martes, 12 Agosto 2008 11:26

Os autorrescatadores son equipos autónomos de evacuación en situacións de urxencia en que a atmosfera é irrespirable por ausencia de osíxeno ou por existencia de gases letais: explosións, incendios ou emanacións intempestivas de grisú. O seu funcionamento consiste nun circuíto pechado onde se produce unha reacción de auga e CO2 de expiración co KO2 para a produción de osíxeno químico.

Nas minas españolas é relativamente recente o emprego de autorrescatadores de osíxeno químico polos traballadores mineiros. A raíz dunha serie de accidentes as autoridades mineiras dotaron destes equipos ao persoal que traballa en labores de risco. Na actualidade a gran maioría do persoal mineiro conta con estes equipos, formando parte do equipamento usual.

A raíz dalgúns incidentes os enxeñeiros do Instituto Nacional de Silicosis observaron que a formación no uso dos equipos de salvamento requería dalgunha optimización co obxecto de evitar fracasos no seu emprego. Ademais de convir ter un certo adestramento na súa utilización, os autorrescatadores, en función de cada persoa ou modelo de equipo, teñen unha serie de incomodidades que deben coñecer os operarios: forte sequedade das vías respiratorias, sensación sofocante polo aire quente e húmido, incomodidade polo uso da boquilla e a pinza do nariz, etc. Nalgúns casos a formación do persoal non garantía o uso adecuado do equipo, podendo chegar a producirse situacións críticas.

As autoridades mineiras españolas (Principado de Asturias, Dirección Xeral de Minas, Instituto Nacional de Silicosis) puxéronse en contacto con Mejuto, e procedeuse ao desenvolvemento dunha estación de adestramento e simulación no uso de autorrescatadores de osíxeno químico. Estas unidades son capaces de proporcionar aos traballadores mineiros a formación e as sensacións de desconfort características dos equipos, sen necesidade de utilizar aparellos reais e, polo tanto, a un custo razoable e con posibilidade de realizar reciclaxes ao longo da vida laboral.

O sistema consiste nunha boquilla de aspiración á que se fai chegar aire cunhas condicións de humidade e temperatura similares ás producidas polo autorrescatador. Esta boquilla está instalada nun sistema que simula ao real para facer máis realista o adestramento. Como complemento incorpórase un tapiz rodante regulable en velocidade e inclinación.

O equipo dispón dun controlador programable capaz de adaptar os parámetros de adestramento configurados mediante o control dos diferentes elementos. Desta forma pódense configurar:

  • Temperatura inicial do adestramento
  • Temperatura final
  • Duración
  • Humidade
  • Resistencia

 Na actualidade son varias as unidades de adestramento que están instaladas e operativas en España, sendo moitos os mineiros que se están formando no uso duns equipos que en situacións de urxencia poden axudalos a salvar as súas vidas. Nos centros de adestramento, ademais da instrución práctica realizada co simulador, impartense cursos de formación teórico-práctica que informan acerca do manexo e correcta instalación e uso do equipo, maximizando desta forma o coñecemento e a práctica dos profesionais mineiros.

 

LAST_UPDATED2