English (United Kingdom)Español (spanish formal Internacional)Galego (Galician)
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
  • Mejuto - Termodinámica Automática
Home I+D+i Desescarche inteligente
Sistema de desescarche intelixente e inxección electrónica Imprimir
Escrito por Administrator   
Martes, 12 Agosto 2008 08:30

O sector da Refrixeración/Conxelación de produtos perecedoiros na industria Alimentaria está sufrindo un gran desenvolvemento nos últimos anos e precisa de accións de innovación que apoien e garantan a súa competitividade, así como a promoción do uso consciente que se debe facer dos recursos enerxéticos.

En Mejuto desenvolvemos un proxecto orientado á procura e posta a punto de tecnoloxías encamiñadas a contribuír á minimización dos custos das instalacións e tamén ao aforro de recursos enerxéticos e nun sentido máis amplo á contribución a un desenvolvemento sostible.

Os sistemas desenvoltos tratan de facer un aproveitamento das capacidades instaladas mediante o uso de sistemas intelixentes que permitan un xogo máis estreito coas variables do proceso e medioambientais para aproveitar mellor as posibilidades ofrecidas. Desenvolvemos un sistema de válvulas de inxección electrónica, como válvulas de expansión termostática, e o correspondente software de control que permite facer un uso extenso deste elemento implicando parámetros ambientais e de traballo. Ademais este sistema proporciónanos unha vía adecuada para a realización dun desescarchado intelixente, de acordo coas variables de operación dos equipos. Anteriormente estes sistemas empregábanse sobreestimando as necesidades reais dos equipos xa que non había versións que permitisen un control máis axustado ao sistema.

Doutra banda, investigamos e desenvolvemos un sistema de detección e de protección dos equipos que estimabamos necesario para a determinación de cambios de estado nalgúns puntos da instalación. Para iso incorporamos novas sondas e adaptamos tecnoloxía xa existente para proporcionar a información necesaria para o correcto funcionamento e control dos equipos implicados no proceso.

A implantación destes sistemas repercutirá na realización de dimensionamentos apropiados dos elementos implicados nas instalacións frigoríficas e de conxelación, segundo o tipo de produtos, condicións ambientais e de traballo. Isto ten como implicacións directas un menor custo das instalacións, así como dos custos de mantemento e de fabricación xa que se poderá aproveitar mellor o rendemento proporcionado polos equipos.

Con este proxecto buscamos obter avances de gran impacto tanto no sector do Frío Industrial como no da Alimentación. Ademais estudamos accións asociadas ao aforro enerxético, algo recollido en multitude de directivas europeas e que deben ser implantadas paulatinamente nos sistemas produtivos industriais.

LAST_UPDATED2